Pontevedra chega a agosto cargada de mostras pictóricas. Se o primeiro día do mes abría a mostra "Rupturas", dedicada á renovación da arte mexicana a partir de 1950, hoxe son tres as exposicións que se inauguran. Por unha banda temos unha retrospectiva sobre Manuel Otero coincidindo co oitenta aniversario do artista. Pola outra, unha exposición Antolóxica de Manuel Ángel Álvarez e, por se fose pouco, os traballos seleccionados no certame Novos Valores 2001. Todo por xentileza da Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello e coa Consellería de Cultura.
México lindo
A mostra con que Pontevedra acolleu o mes foi "Rupturas: A liberación da imaxe. A arte en México despois de 1950". Esta mostra supón o peche do ciclo que a Deputación veu dedicando desde 1997 á análise da arte mexicana do século XX. A exposición, que comprende máis de cen obras, analiza a revolución artística que supuxo a "Xeración da ruptura" mexicana de finais do século pasado. Ademais de analizar as correntes creativas da época tratada, na mostra tamén se poderán ver os antecedentes desta ruptura.
Manuel Otero
O Palacio da Deputación Provincial de Pontevedra acolle desde hoxe a primeira retrospectiva que se lle dedica ó pintor Manuel Otero, que fai no 2001 oitenta anos. Esta mostra forma parte da iniciativa da Deputación de programar cada dous anos unha mostra monográfica dun artista pontevedrés de fama internacional. No caso de Manuel Otero, a súa fama como debuxante, pintor e escultor é especialmente grande en Uruguai, país no que reside desde que tiña cinco anos.
Manuel Ángel e os novos valores
O Teatro Principal de Pontevedra servirá desde hoxe como escenario para a exposición antolóxica de Manuel Ángel Álvarez que amosa, ata o nove de setembro, o traballo deste artista especializado no retrato, a pintura histórica e a ilustración de libros, onde destacou especialmente o seu traballo para a editorial Calleja. A mostra insírese na tradición da Deputación de facer unha antolóxica en homenaxe a un dos seus antigos bolseiros. Ángel Álvarez recibiu en 1885 unha bolsa de formación que lle permitiu completar os seus estudios en Roma.
Finalmente, as obras dos artistas seleccionados na edición 2001 de Novos Valores poderán verse dese hoxe e ata o nove de decembro nas facultades de Belas Artes e de Restauración.