A Coruña enfronta as creacións de Yves Saint Laurent coas obras nas que se inspirou

Ao fío do diálogo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Foi un voraz coleccionista de arte, pero tamén un deseñador. Yves Saint Laurent conseguíu unir as que foron as súas grandes paixóns creando pezas de arte que se visten. Revolucionou o mundo da moda e, sen querelo tamén o da plástica. Convertiu as súas pasarelas no mellor museo da arte contemporánea. O resultado desa unión sae de París por primeira vez e chega A Coruña da man da Fundación Caixa Galicia.




Non é habitual que o mundo da arte lle faga un aceno tan xeneroso e indisumulado como o que estrea hoxe a Fundación Caixa Galicia. Pero tamén é certo que non é frecuente que un deseñador de moda faga obras de arte en lugar de traxes. Por iso, non é de extrañar que a Fundación Caixa Galicia lle dedicara esforzos e espazo (a exposición ocupa a totalidade da sede que a entidade ten na Coruña, cunhas condicións de temperatura, seguridade e humidade excepcionais) a ese diálogo arte-moda. A exposición, que se estrea hoxe, ten entre as súas peculiaridades que é a primeira vez que algunhas das creacións do modisto francés saen do museo. Canda elas poderanse contemplar as obras de arte que as inspiraron e que chegan de centros como Museo Pompidou, Thyssen, Museo do Prado, Reina Sofía e mesmo dalgúns coleccionistas privados.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Moda, Fundación Caixa Galicia, Museo do Prado