A Catedral de Santiago terá unha vidreira de fibra óptica o vindeiro ano

Fibra para o Apóstolo

A capela dos franceses da Catedral de Santiago disporá a partir de febreiro do ano que vén da primeira vidreira realizada con fibra óptica que se instala nunha catedra. A idea provén do arquitecto francés Gino de Valerio e da Asociación de Amigos de Santiago do seu país. O proxecto podería verse completado coa realización doutra vidreira semellante que se poría no outro extremo da capela.

Homenaxe ós peregrinos




O deseño realizado por Gino de Valerio pretende rendir unha homenaxe ós peregrinos e recolle símbolos clásicos coma a cuncha de vieira, a cruz de Santiago, o bastón de peregrino e a cuncha de vieira. As estrías desta cuncha percorren o conxunto simbolizando os tramos do camiño francés e converxen na cruz. Tampouco falta na vidreira unha flor de lis, tradicional símbolo de Francia. Os perfís destes elementos estarán realizados con cabos de fibra óptica, que absorverán a luz natural e proxectarana no interior da capela con cores vermellos, amarelos e azuis. O resto da vidreira terá un soporte de cristal, do que sobresairán os debuxos realizados coa fibra óptica.



















Orixe no camiño



A relación de Gino de Valerio coa catedral comezou en xaneiro de 1999 cando rematou de facer o Camiño. Foi ó voltar a Francia cando contactou coa Asociación de Amigos de Santiago que lle encargou o deseño da vidreira con intención de doala á Catedral para que se instalase na capela do Salvador, tamén coñecida como "dos franceses". Foi en novembro dese mesmo ano cando o arquitecto presentou os seus primeiros bocetos a Alejandro Barral, restaurador da catedral, que se amosou encantado coa idea. O artesán francés Enmanuel Barrois está a ser o encargado da realización do deseño de De Valerio.






Presentación e futuro


Será este sábado cando se presente este proxecto na capela do século XI, onde se poderá ver unha maqueta da vidreira, dun metro e medio de ancho por dous e medio de alto. A este acto acudira á o presidente da Asociaicón de Amigos de Santiago Jacques Fontaine onda outros directivos da entidade. Tamén acudirá, entre outros representantes da institución eclesiástica, Alejandro Barros, conservador da catedral.
O custo do proxecto foi de dous millóns e medio de pesetas, aportados integramente pola asociación francesa. O arquitecto De Valerio amosou o seu interese por instalar outra vidreira semellante no outro estremo da capela, vidreira que neste caso sería pagada polo arcebispado.