A totalidade do legado que o diplomático e home de negocios Policarpo Sanz doou ó Concello de Vigo poderá verse por primeira vez nesta cidade na mostra que se abrirá ó público no mes de novembro. Noventa e catro cadros orixinais e tres copias de mestres antigos e modernos, ademais de diferentes obxectos de arte, porcelanas e reloxos, compoñen o legado do filántropo, que quedará como unha expoisición permantente no Pazo Quiñones de León a partir de febreiro do ano que vén.
O legado
Logo dunha vida na que comezou como emigrado e rematou como home de negocios cunha grande fortuna, Policarpo Sanz deixou explicado no seu testamento que "Se ó falecemiento da miña consorte existise aÃnda a miña colección de cadros composta de noventa e catro orixinais e tres reproduccións de mestres antigos e modernos, como tamén todos os objetos de arte, porcelanas, reloxios, etc, serán colocados nun dos salóns do colexio Santa Irene que será construÃdo para o objeto e servirá como Museo de Vigo". O Instituto Santa Irene tamén se construÃu por iniciativa deste filántropo. A colección que reuniu ó longo da súa vida co único criterio do seu gusto estético ten unha composición moi heteroxénea, mesturando obras de grande valor con pezas menores e mesmo copias. De calquera xeito, a crÃtica sinala que o conxunto en xeral é de moi boa calidade, e inclúe bodegóns e paisaxes das escolas francesa e flamenca, retratos románticos e mesmo dous bocexos atrubuidos a Goya. A maior parte das obras, segundo sinala hoxe "Atlántico Diario" pertencen a autores españois e franceses dos séculos XVII e XVIII e constitúen a terceira pinacoteca máis importante de obras españolas deste perÃodo e a cuarta de obras francesas.
A exposición
AÃnda que unha parte dos fondos do legado de Policarpo Sanz xa estiveran á vista do público o pasado ano nunha mostra no Concello, nunca ata o de agora se realizara unha exposición completa da súa colección. Na actualidade estase rematando o proceso de restauración de setenta obras para a mostra que comezará en novembro na Casa das Artes. Logo da clausura desta exposición en Nadal, está previsto que para febreiro se traslade ó Pazo-Museo Quiñones de León, onde ficará instalada de xeito permanente. Esta será a segunda vez que o legado de Policarpo Sanz visite o Pazo Quiñones de León, ya que parte de esta colección estivo presente na inauguración deste espacio como museo en 1937.
O benefactor
Policarpo Sanz naceu en MarÃn en 1841 e ós poucos anos trasladouse a vivir a Vigo. En canto chegou á maiorÃa de idade emigrou á Habana, onde comezou a traballar nunha casa comercial. Nunha viaxe a Nova York coñeceu ó señor Ceballos que lle encargou diferentes asuntos mercantÃs. En 1877 casou con Irene Ceballos, filla do anterior e acadaou unha importante fortuna gracias ós cartos aportados pola súa muller e á súa capacidade comercial. Coñecendo que tiña unha efermidade incurable, voltou a Galicia para morrer, deixando toda a súa fortuna á cidade de Vigo. O falecemento produciuse en ParÃs 1889. Ademais da súa colección de arte, acordou no seu testamento ceder o terreo e os cartos para a construcción do Instituto Santa Irene, que leva este nome en homenaxe á súa muller.