O CGAC trae a visión fotográfica da sociedade británica de Gillian Wearing

Vestindo os museos

Gillian Wearing leva anos retratando os modos, usos e costumes da sociedade británica. Por iso, todo aquel que queira ter un retrato dos estilos londinenses non ten por qué viaxar ó Reino Unido. Ata o 7 de outubro pode facelo achegándose ó Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). E unha das moitas exposicións que enchen de arte toda Galicia.

Wearing CGAC




A Fundación La Caixa, coproducida pola Serpentine Gallery de Londres, leva por diferentes localidades as fotos e vídeos inspirada en linguaxes televivas da sociedade británica. E por iso fai recalada en Compostela, onde se exhibe a mostra de Gillian Wearin ata o vindeiro 7 de outubro.

A mostra está composta por dúas series fotográficas e seis proxeccións de video que se poden ver na exposición. Nelas poderase apreciar a súa tendencia por afondar na condición humana do obxecto retratado que lle valeu o prestixiosos Premio Turner en 1977.
A exposición chega a Compostela cunha novidade, o video "I love you" (1998), unha proposta que amosa unha ambigüidade de emocións, adentrándose no terreo da psicoanálise que é tan característico de Wearing.
De todos os xeitos a mostra está composta por múltiples montaxes, entre as que destaca"Trauma" (2000) que re-constrúe diferentes impresións os problmeas da xente mediante a través dun confesionario. Unha temática entre a antropoloxía e psicanálise que converte en protagonistas a xentes da rúa.













Memorias futuras na Casa da Parra



Por outra banda, recordar o pasado e convertelo en froito é o tema que recrea a obra plástica de Alfonso Costa (1943) o artista noiense que exhibe na casa da Parra. Na exposición, "Memoria futura", exhibie a colección de cadros pintados nos dous últimos anos, e nos que recrea as súas inquedanzas e pensamentos.
Nesta exposición Costa tamén recupera tendencias e constantes de épocas anteriores, as cosmovisións e as representacións atmosféricas, que están presentes noutras exhibicións.