Pintura, literatura e fotografía, exposicións para todos os gustos

Expos

Casas da cultura, oficinas de información xuvenil, museos e centros culturais preparan estes días novas exposicións. Arte polos catro costados, nos que abonda, sobre todo, as exposicións pictóricas. Estes días as mostras destes centros "menores", ofrecen unha variada oferta para todos os gustos.

Pintura en Marín e Ferrol




A obra máis recente do escultor Grangel e do pintor Cidorio enche ata día 14 as salas do Museo Municipal Manuel Torres de Marín. Unha obra que amosa o as innovacións destes artistas que teñen un recoñecido prestixio. E se falamos de exposicións pictóricas temos tamén que falar de Rosa Fernández, que amosa a súa creación que mestura o real co irreal desde este venres no centro Cultural Carvalho Calero. A mostra, composta por 24 obras, é unha exposición do programa "A arte nos barrios" que organiza a Concellalía de Cultura en colaboración coa asociación de veciños do Ensanche A.













Murguía a exposición




A vida e a obra de Manuel Murguía é o tema sobre o que xira a exposición que acolle a Oficina Muncipal de Información Xuvenil. Mediante 19 paneis os visitantes poden coñecer de forma precisa a vida e obra do intelectual galeguista que o ano pasado foi homenaxeado no día das letras galegas. A mostra seguirá aberta ata o vindeiro día 15.









O turno da fotografía


As fotografías son as protagonistas de dúas exposicións que se realizan en Cariño e Ferrol. A primeira mostra exhibe instantáneas da Galicia de 1919 e que organiza o Centro Galego de Artes da Imaxe e o Concello de Cariño. A mostra recolle as imaxes que realizou Arxiu Mas no 1919 durante unha estadía de seis meses que o fotógrafo realizou xunto con Alejandro Antonetti.

A madrileña Rosa Villar é a gañadora do certame fotográfico que organizou o Ateneo ferrolán no día Mundial do Medio Ambiente. A imaxe titulada "xigantes na néboa" foi galardoada con 150.000 pesetas. Esta instantánea e as cincuenta que compoñen a mostra-concurso poderanse ver ata final de mes nas instalacións do Ateneo Ferrolán.