Mostras pictóricas por todo o país para a Semana Santa

Exposicións profanas

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

A primavera semella facerlle ás exposicións o mesmo que ás flores. Unha chea de novas mostras achegan a arte a todos os recantos do país.

Desde o Norte...


O centro Torrente Ballester de Ferrol acolle desde esta tarde as obras do terceiro creador que participa no ciclo "Miradas Virxes". Os cadros deste artista participan da idea do mural e comprneden video e fotografía. Poderán verse ata o vindeiro vinte de maio e, en breve, neste mesmo portal. Tamén en Ferrol se pode contemplar a mostra "IdentidadEquilibrio" nas que se poden ver vintedúas fotografías de Xacobe Meléndrez nas que o autor recolle elementos naturais e fotos de grande tamaño.





...pasando polo centro...

Na Galería de Arte de Compostela o lucense Christian Villamide expón ata o vindeiro día dous a súa mostra "La naturaleza del cuerpo", que combina gravados con esculturas e instalacións que combinan materiais dispares coma o aceiro e a madeira. Só un pouco máis abaixo, en Padrón, a pintora coruñesa Lola Couceiro presenta hoxe, na sala de exposicións do centro social, vintecatro cadros que reflicten o seu xeito persoal de ver a vida cotiá das vilas. Na súa técnica predomina a espátula, coa que acada un estilo moi persoal.




...cara o Sur

En Pontevedra ábrense hoxe dúas mostras de novos artistas galegos. Por unha banda, o local de Caja Madrid acolle a mostra "Tempo Morto" do artista vigués Carlos Tejo, que consiste nunha combinación de imaxe, son e corenta fotografías sacadas no mesmo lugar e á mesma hora durante os corenta días consecutivos nos que o autor cruzou a ría de Vigo en 1997. A outra mostra que se abre hoxe é a de Antonio Galán "Tono", que amosa na Sala Teucro "Camiñante", unha reconstrucción da figura humana a partir de diferentes obxectos.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Semana Santa, Fotografía, Centro Torrente Ballester de Ferrol...