O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acadou nos tres primeiros meses deste ano un ascenso no número de visitantes, que superaron os 24.000. Dúas novas exposicións, unha na cidade de Pontevedra e outra en Terra de Montes completan a actualidade artística do momento.
Visitas
Nos primeiros tres meses deste ano o CGAC rexistrou un maior número de visitas que no mesmo período dos tres anos anteriores, chegando a máis de 24.000 persoas. O mes que rexistrou máis visitas foi febreiro, con case 9.000 visitas. En xaneiro e en marzo pola súa banda, superáronse as 7.000 entradas. No mesmo período do ano pasado foron 23.200 as persoas que pasaron polo museo.
Mostras en Pontevedra
Obras dos alumnos da sexta promoción de Belas Artes expóñense ata o mércores na sala de exposicións desta facultade pontevedresa. Na mostra "En tempo real" poden verse fundamentalmente pinturas, aínda que os estudiantes tamén expoñen esculturas e outras formas de arte, destacando sobre todo a grande variedade de estilos. Outra mostra que se pode ver na provincia de Pontevedra é a da pintora coruñesa Ángeles Prego, que expón os seus óleos no Centro Comarcal Tabeirós-Terra de Montes. O tema das súas obras é fundamentalmente o paisaxismo, destacando a ampla riqueza de cor que emprega a artista.