Son os mecenas da arte. Dúas institucións que atraen ata Galicia obras e mostras de personalidades do panorama cultural. Exposicións moitas veces inéditas no Estado Español. Sitas unha A Coruña (Fundación Barrié) e outra en Compostela (o Centro Galego de Arte Contemporáena), a cada unha as moven obxectivos diferentes, pero sempre cun compromiso renovador e de exhibición das últimas tendencias. E iso mesmo é o que están a facer esta fin de semana, cada un con dúas mostras moi vangardistas, con novas exposicións. A primeira que poderemos ver será esta tarde no CGAC, onde se verá unha revisión do traballo de Antony Gormley, que recollerá en 25 pezas a súa visión e lugar do corpo dentro da arte contemporánea. E a outra comezará o martes que vén, na sé da Fundación Barrié na Coruña, que pretende ser unha retrospectiva do deseñador Verner Panton, o creador da coñecida silla "Formiga".
O CGAC con Gormley
Antony Gormley é un analista do corpo. Do corpo e das diferentes formas de representación que se poden analizar e apreciar (as relacións entre os corpos, de estes cos contextos...) . E iso mesmo é o que recollen as súas esculturas, que gozan desa franqueza que fai que a súa obra conecte ben coas espectativas e desexos dos espectadores. E isto mesmo é o que se poderá apreciar a partires de hoxe na mostra que inaugura o Centro Galego de Arte Contemporáneo. Unha retrospectiva que ofrecerá unha escolma de 25 pezas do seu traballo desde 1978 ata a actualidade. Por ese motivo haberá obras que se subdividen en "Critical Mass" (Masa crÃtica, 1999), e aquelas outras que connotan a figura como "Room" (Habitación, 1980) e "Chord" (corda, 1991).
Unha mostra na que se poderá ver a importancia que Gormley lle outorga na súa obra á figura humana.
Completan a exposición do CGAC pezas que pertencen a algunhas das súas series máis coñecidas "Insiders" (Seres Interiores), "Quantum Clouds" (Nubes cuánticas) e Allotment. Mostras coas que serven de punto de referencia dos materiais empregdos, da serialidade das súa figuras, da súa posta en escea, e do xogo de preguntas que pretende destacar pola presencia ou ausencia dos corpos.
Gormley é unha figura clave dentro do panorama internacional. O seu traballo estivo presentado en citas tan relevantes como a Bienal de Venecia (1982, 1986), a Documetna de Kassel (1987) e tamén polo feito de ser o gañador do prestixioso Premio Turner. Con máis de vinte anos expoñendo nas principais galerÃas do todo o mundo, chega por primeira vez a España a través do CGAC e o British Council e comisariado por Michael Tarantino.
E Verner Panton en Coruña
E se Antony Gormley xoga cos corpos e coa súa representación no CGAC. Verner Pantón (1926-1998) fará o mismo co mobiliario (os materiais, a súa disposición, o colorido a súa iluminación e os seus materiais). Unha mostra que tamén é unha primicia, xa que a Barrié trae por primeira vez a obra dun dos deseñadores de cadeiras máis célebres do século XX. A retrospectiva está formada por máis de 125 obras, entre deseños de cadeiras, elementos de iluminación, bosquexos e debuxos para mobles e téxtiles, que foron creados entre os anos cincuenta e mediados da década dos setenta.
Unha mostra que pretende recoller parte do espÃrito que o deseñador quixo amosar na exposición "Visiona 2" que foi no seu momento (falamos de finais da década dos setenta) un sÃmbolo da revolución. Verner Pantón confesou, nunha entrevista concedida antes do seu pasamento, que de pequeno soñara cunha habitación chea de coxÃns de cores. Un soño que el quixo recoller a través dunha proposta de mobiliario urbano plagada de formas de cores e cun deseño plástico e efectista do seu decorado.
A mostra que se inaugurará o vindeiro dÃa 22 estará aberta ata o próximo dÃa 24 de marzo.