O centro de arte quere convertirse nun organismo autónomo dentro da Xunta

Autonomía para o CGAC

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) podería deixar de depender na Consellería de Cultura a partir do próximo outono. A aspiración que xa tiña o director Miguel Fernández-Cid conta agora co apoio unánime do Padroado do centro. De calquera xeito haberá que agardar ata despois das eleccións de outubro para ver como se formaliza o novo estatus do centro.

Unanimidade


Os vintetrés membros do Padroado do CGAC acordaron unanimemente na súa última xuntanza apoiar a constitución dun centro coma un organismo autónomo dentro da Xunta que xa non dependería da Consellería de Cultura. Deste xeito, o CGAC acadaría un estatus semellante ó que xa posúen institucións coma o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais. Xa desde o período de xestión da anterior directora, Gloria Moure, existía esta petición, que continuou coa actual dirección de Miguel Fernández-Cid.




Axilización

Con esta declaración pretenden que se axilice a xestión dos trámites para acadar este obxectivo. Ademais, queren que se abra a discusión sobre a posibilidade de que o centro poida asumir máis responsabilidades, coma a contratación de axudas externas a través de patrocinios. Con este incremento da autonomía preténdese evitar, segundo o CGAC, os excesivos controis da Administración que tiñan o efecto e ralentizar e mesmo paralizar a actividade do centro. A situación do Centro pasaría a ser semellante á doutros organismos coma o Instituto Galego de Artes Escénicase Musicais (IGAEM).





Para outubro


A pesar do acordo do Padroado, a decisión final sobre o regulamento que rexirá o CGAC tomarase con posterioridade ás eleccións de outubro para que o proceso e a campaña electoral non se interfiran mutuamente. Para entón comezaría a redactarse o novo regulamento que rexirá o centro.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguel Fernández, Miguel Fernández-Cid, Consellería de Cultura, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)...