A obra de Colmeiro non ten destino público dos anos despois da súa morte

Autores, dereitos e outras historias

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

Este ano cúmplense dous anos da morte do pintor silledense Manuel Colmeiro. Desde entón, a cantidade de cadros que se atoparon no seu estudio aínda non ten un destino público. Aínda que o pintor declarara en diferentes ocasións que lle gustaría que a súa obra estivera en Vigo, cando a cidade tivera un museo de arte contemporáneo, de momento non se iniciaron ningún dos trámites.

Últimas vontades


O coñecido pintor pontevedrés Manuel Colmeiro deixou trala súa morte unha grande cantidade dos seus cadros no estudio que tiña en Silleda. Un legado artístico que pasou a mans dos seus herdeiros. Dous anos despois ningunha institución se interesou polos dereitos da súa obra. O autor manifestara en abondosas ocasión que lle gustaría que a súa obra estivera en Vigo, cando teña un museo de Arte Contemporánea. Agora, que este museo está a piques de ser unha realidade, os dereitos da obra de Colmeiro están aínda sen xestionar.





Precursor da Escola Española de París

Arturo Souto, Laxeiro e Manuel Colmeiro son os tres creadores dunha estética do granito en Galicia. Uns pioneiros na arte da pedra que logo desenvolveron as súas facetas por camiños diferentes.
Durante a súa estadía en París, Colmeiro descubriuse como un artista políglota da pintura. Unha situación que o converteu nun precursor da Escola Española de París. Polo que o seu legado artístico convértese nunha importante obra de referencia.





Laxeiro, e o seu legado


O caso dos dereitos artísticos da obra de Laxeiro, seguíu un camiño diferente. En parte, porque o propio autor xa cedera en vida parte da súa obra á cidade de Vigo e, en parte, porque existe unha fundación que leva o seu nome, que xestiona parte da súa obra. Agora ben, a colección de lenzos, debuxos e acuarelas que o artista lalinense cedeu á cidade olívica teñen como condición que estén sempre expostos ó público. Unha vontade que se mantén logo de varios anos, nunca faltos de problemas.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Colmeiro, Morte, Manuel Colmeiro, Vigo...

Claves

Conceptos