O centenario do pasamento de Manuel Curros Enríquez, as vodas de prata do Consello da Cultura Galega, os quince anos do Centro Galego de Arte Contemporánea, pero tamén está anunciada a aprobación da Axencia Galega das Industrias Culturais, da Lei de Turismo e sermos país convidado en Brest ou na Feira do Libro de La Habana. Ademais, a Televisión de Galicia estreará a segunda canle. Son algunhas das cousas que nos agardan para o 2008. Benvido sexa.
Estamos a finais de ano e, en lugar de facer balance do que deu de si este 2007, ollamos cara adiante e vemos que está previsto para o ano que se nos aveciña. Efemérides, proxectos de lei, edificios culturais que están por abrir, botamos un vistazo ao que está por vir.
As efemérides
Comezamos polas celebracións e seguímola pola orde de antigüidade da efeméride. En primeiro lugar está o centenario do pasamento de Manuel Curros Enríquez, que foi anunciado polo presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández na presentación da publicación sobre Símbolos de Galicia. Para Barreiro, Galicia ten unha débeda con Curros Enríquez, coa súa defensa de Galicia e coa instauración dúas seus símbolos. En canto ás actividades, que aínda non están detalladas, o presidente da RAG destacou que non será unha celebración estritamente académica senón tamén civil, recuperando o espírito de Curros. A intención é a de facer un acto académico no Teatro Rosalía, precisamente o lugar no que Curros foi coroado como poeta, sen esquecer a localidade na que naceu ou escritor, Celanova, onde tamén haberá un acto. En todo caso, a RAG buscará non quedarse no estritamente académico na divulgación da memoria do poeta e procurará realizar actividades que teñan carácter popular. Entre as posibilidades a barallar está a celebración dun cortexo cívico na localidade de nacemento de Curros .
Outra das celebracións previstas para o 2008 están as vodas de prata do Consello da Cultura Galega, institución que prevé realizar unha morea de actividades. Canda isto, outra institución que ten previsto celebrar o seu quince aniversario por todo o alto é o Centro Galego de Arte Contemporánea. Por iso, a programación para o 2008 está pensada para festexar o aniversario. A arte latinoamericana e a producida nos anos setenta e oitenta centran o calendario expositivo que completará tamén o último tramo do Proxecto Edición. Alén de ver o traballo de artistas como Jorge Machi, Altercio Caldas ou Juan Araújo, destaca a montaxe da Videocreación Galega nos anos oitenta (10 de xaneiro 27 de abril) coa que abrirá o ano e a proposta do pontevedrés Carlos Rodríguez Méndez.
A lexislación
O 2008 pode ser o ano no que o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais deixa de existir para pasar a converterse na Axencia Galega das Industrias Culturais. O proxecto de lei, presentado como reforma do IGAEM, foi xa presentado pola Conselleira de Cultura e aprobado polo Consello da Xunta o pasado novembro, como paso previo para ser remitido ao Parlamento. Ademais, o departamento que dirixe Ánxela Bugallo, ten varias fontes abertas para 2008, entre elas, o Plan de Lectura. De feito, nos primeiros meses de 2008 a consellaría lanzará unha nova campaña de promoción do libro e a lectura que ten por obxectivo integrar a lectura entre os hábitos da poboación galega, favorecer o mercado do libro e promover a utilización das bibliotecas públicas. Fai parte do xa avanzado no Plan da Lectura e da Lei do Libro aprobados ao longo de 2007.
Canda isto, a Consellaría de Innovación e Industria ten previsto que no 2008 se aprobe a Lei do Turismo de Galicia. Un texto xurídico que aborde o potencial do turismo para xerar emprego e crecemento económico, o seu papel na preservación do patrimonio cultural e natural, así como a súa contribución ao diálogo intercultural e ao fortalecemento da propia identidade.
Un convite oficial
Galicia será o país convidado e, polo tanto, a cultura con máis relevancia na Feira da Habana. Ademais, terá por primeira vez stand de seu na Feira de Guadalajara, o máis importante evento editorial en América Latina e reforzará a súa presenza en Frankfurt.
Non exclusivamente literario aínda que si cultural, Galicia é país convidado na Festa Marítima Internacional de Brest, o maior evento de cultura marítima no mundo. Para o celebrar, o noso país achegará entre o 11 e o 17 de xullo a esta localidade bretona unha flota de vinte embarcacións tradicionais. Pero a nosa representación non queda aí: concertos, exposicións sobre cultura mariñeira, proxeccións audiovisuais e obradoiros completarán un programa que quere dar a coñecer a riqueza da nosa tradición marítima.
A cultura do mar
A presenza en Brest é un chanzo importante dentro do traballo que está a levar a cabo a Consellaría de Cultura e Deporte na promoción da tradición marítima e fluvial. En colaboración coa Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, o departamento que dirixe Ánxela Bugallo organizou durante o 2007 unha serie de encontros que, baixo o nome NaBeira, levou o patrimonio marítimo e fluvial galego a distintos portos do país mediante unha exposición e actividades de dinamización. Un programa que se repetirá tamén no novo ano. Pero non só iso, a apertura do Museo do Mar completarase no 2008 cun amplo programa de actividades temporais que pretende converter este centro no referente da cultura marítima da fachada atlántica. Neste ano tamén se creará un Centro de Arqueoloxía Subacuática para investigar e por en valor o noso patrimonio cultural. Canda isto, a Consellaría de Cultura está a financiar a ampliación do Museo Massó de Bueu, e nese iniciará unha programación estable na Illa de San Simón.
Patrimonio
O 2008 é un ano de inicio de múltiples actividades relacionadas co Patrimonio que xa foron anunciadas co remate do ano. As rehabilitacións dos mosteiros de Samos, Carboeiro, Abeleda e Monfero (ademais de agardar un avance na situación do de Oia) comezarán ao longo deste ano e servirán para a recuperación do inmenso patrimonio material que temos no país.
No 2008 acabarán por concretarse e definirse unha serie de programas. Entre eles, o programa Cultura Nova, que comezará de maneira piloto nas comarcas do Barbanza e A Mariña. Trátase dun proxecto de carácter sociocultural comarcal, destinado a traballar as relacións entre mocidade e cultura desde a aposta pola creación de redes de colaboración entre os diferentes axentes (asociativos, institucionais, ...) das comarcas devanditas. Un programa deseñado pola Consellaría de Cultura e que será coordinado desde a Casa da Parra. Pero tamén, hai outros por definirse como a Rede Galega de Estacións de Observación do territorio. Unha serie de centros que pretenden dar a coñecer como está a evolucionar o cambio climático e como afecta iso aos ecosistemas do país. A sede principal destes centros estará en Lourizán e, segundo o anunciado, comezará a funcionar ao longo do vindeiro ano. A posta en marcha da Declaración de Compostela" (colaboración en materia de patrimonio, artes, industrias culturais e cultura popular por parte de Galicia, Euskadi e Cataluña) ou o inicio das emisións de TVG-2 son outros dos eventos a agardar.