Na estrada entre Santiago e Ourense érguese a zona do Ulla (Concello de Vedra), que toma o seu nome do rÃo que bordea estas terras. Unha zona que servÃu de inspiración ós nove artistas galegos que expoñen ata o vindeiro dÃa 30 dentro da I Exposición de "Pintores Galegos Concello de Vedra". Un certame no que o concello animou os artistas a plasmar a súa visión sobre a zona do Ulla. E unha visión persoal, pero imaxinaria, é o que Carlos Pardo exhibe nunha cervexarÃa pontevedresa baixo o lema "Aprende do pasado".
Certame e mostra
Un total de trinta obras forman a I Exposición de Pintores Galegos do Concello de Vedra, que se poderá ver nos Xulgados de Vedra ata o vindeiro dÃa 30. Esta exposición colectiva xorde, segundo o alcalde de Vedra, Odón C. Cobas GarcÃa, para "dar a coñecer a veciños e visitantes a un colectivo de pintores cunha sensibilidade especial que lle permite transmitir a través da arte".
Na exposición acóllense traballos desde o figurativismo ata a abstracción, pasando por paisaxes e retratos. De todos xeitos, sempre teñen como elemento destacado reflectir a visión do artista sobre a zona do Ulla.
A caracterÃstica principal dos artistas que se conforman esta mostra (Elisa Abalo, Carmen Fernández Barreiro, Rafael MasÃa, Pablo Orza, Modesto Paz, Pereiro Miguens, Teresa Puy, José Quinteiro Fiuza e MarÃa Jesús Reboredo) é o feito de que ningún deles son profesionais da pintura.
"Aprende do pasado"
Visións onÃricas e cidades que non existen son os principais motivos da exposición "Aprende do pasado" do artista Carlos Pardo. Naceu en Teruel e malia que estudiou Dereito encamiñou a súa vida cara as manifestacións artÃsticas. Nas súas obras propón unha viaxe polas cidades, pero non unha viaxe cotiá ou tópica, senón unha viaxe a través de recordos, ensoñacións e as propias experiencias.
A exposición exhÃbense desde onte na cervexarÃa "O grifón" e na Escola Oficial de Idiomas da cidade do Lérez.