O Club Vigocómic, Carlos Arrojo e “Retranca” protagonizan cadansúa exposición este Nadal

Exposicións para o inverno

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Ata o vinte e un de decembro a Casa da Xuventude de Vigo acolle unha mostra dos autores Club Vigocómic, un colectivo de novos afeccionados que pulan por difundir a novena arte na cidade. Por outra banda,a partir do pasado domingo 16 pode verse no Café Paz Alhama de Ribadavia a primeira exposición da revista “Retranca”, con material dos dous primeiros números. Finalmente, o debuxante Carlos Arrojo expón no café Alfaiate da Coruña unha mostra das súas obras.

Máis información no Boletín de Información Xuvenil do Concello de Vigo; no web de Retranca; blog de Carlos Arrojo

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Retranca, Xuventude, Nadal, Exposicións...