Mañá comeza en Santiago o Congreso Literatura galega e do Norte de Portugal

Literatos galego-portugueses a dialogaren



O Congreso Literatura galega e do Norte de Portugal comeza mañá coa intención de profundizar nas relación entre os creadores das dúas bandas da fronteira e ver as posibilidades futuras das dúas literaturas. Máis de 250 profesionais do mundo da cultura galega e portuguesa achegaranse a Compostela para debatir e afortalar lazos







Actividades e participantes





Durante os catro días de duración do congreo realizaranse diferentes conferencias, relatorios e debates serán os eixes a través dos cales se tentará conectar os dous sistemas literarios e ver as súas posibilidades de futuro. Entre os participantes nomes como Francisco Fernández del Riego, Luz Pozo Garza, Xosé Ramón Pena, Xesús Rábade, Fina Casalderrey, Carlos Casares, Isabel Pires de Lima, Maria Joao Reynaud, Mário Cláudio, José Antonio Gomes, Álvaro Magalhaes, Pedro Moura Bessa e Fernando Fernandes.













Exposicións




Paralelamente ás xornadas desenvolveranse na Casa da Parra dúas exposicións de artistas das dúas bandas da raia. Por unha banda estarán as fotografías de Enfoques, con tres fotógrafos galegos e tres portugueses, e pola outra Pintar palabras, con dous ilustradores de cada nacionalidade.