A literatura de fantasÃa, ciencia ficción e terror traducida doutros idiomas non estaba aÃnda ben presentada ante os lectores segundo os responsables da nova editorial Urco Editora. Esta empresa con base en Santiago ten xa en preparación oito libros en tres coleccións distintas con relatos de autores como Robert E. Howard, Lovecraft, Washington Irving ou Edgar Allan Poe que inaugurará o catálogo cunha edición ilustrada de O Corvo. A editorial ten como un dos seus criterios fundamentais o uso de licenzas Creative Commons e de software libre no desenvolvemento do seu traballo. A subscrición ao seu catálogo é unha das súas estratexias comerciais con descontos do 10% a quen escolla esa modalidade de compra. O vindeiro 20 de decembro terá lugar a presentación en sociedade desta nova empresa na Sede Fundación Caixa Galicia de Santiago, nun acto no que ademais dos responsables de Urco tamén falará Moisés Barcia, recoñecido tradutor e crÃtico de traducións, responsábel de Rinoceronte Editora.
Máis información en URCO Editora