Manuel Facal e Jaime Cabanas inauguran senllas mostras na Coruña

Caixas negras e erros organizados

A Fundación Luis Seoane da Coruña acolle desde o venres a mostra "Caixas negras" na que Manuel Facal expón varios dos seus últimos traballos. Pola súa bande a tamén na Coruña, o artista bravú Jaime Cabanas presenta no Kiosko Alfonso as súas últimas creacións, que o artista define coma "un cúmulo de erros organizados".

Caixas negras




A exposición de Manuel Facal comprende unha serie de obras que retornas ás súas orixes na pintura hai trinta anos. O nome da exposición reflicte en grande medida as características dos cadros, que presentan un forte contido volumétrico e e un predominio da cor negra. O feito de que as obras estean enmarcadas con tablóns remata de explicar o título de "Caixas negras". Segundo o autor, con estas obras retorna á temática máis galega dos seus primeiros tempos.














Erros organizados



Despois de dez anos sen expor na Coruña Jaime Cabanas retorna ó Kiosko Alfonso con sesenta obras entre as que se atopan cadros, gravados e esculturas. As súas obras, de apariencia simple, teñen de fondo o tema do mar. Cabanas, que se integrou no movemento Bravú desde as súas orixes, amosa tamén forte influencias do deseño gráfico, actividade coa que se iniciou na arte. Segundo Cabana "o importante é que a mancha sexa esteticamente correcta". Nesta mostra podemos atopar algúns dos elemento que o artista empregou para a revista "Bravú".