Concertos e espectáculos de todo tipo enchen as rúas este Nadal

Máis que panxoliñas

Concertos e espectáculos de todo tipo enchen as rúas este Nadal

Lugo vén de presentar a súa programación de concertos para este inverno. Nada menos que dezaoito actuacións que se suman a difernetes actos e espectáculos para celebrar as festas. Mentres a Coruña acolle o Festival de Títeres de Nadal e varias actuacións musicais e Sanxenxo ultima a quinta edición da súa Mostra de Teatro Afeccionado.

As festas en Lugo


Lugo prepara unhas festas de Nadal que se poderán pasar na rúa a xulgar pola cantidade de actos que hai programados en dita cidade. Se o día catorce é a escolanía José Castiñeira a que amosa o seu bo facer musical na igrexa de San Pedro. Poucos días despois, ente o dezaseis e o vinteún deste mes, a banda de música dará concertos en diferentes puntos da cidade e o dezanove actuará o Orfeón da Cidade no Círculo de Belas Artes.
Tamén están previstas actuacións das corais Xolda, Xeral-Calde, San Antonio e o Centro de Maiores de Caixa Galicia. Para o día vintenove, a compañía Achádego Teatro "A tempestade" de Shakespeare e, no pabillón de deportes, o concerto de Melody.
O día seguinte o grupo Sfera Armoniosa achegará á igrexa de Santaigo A Nova a música italiana do século XVII e os cantos de reis coas asociacións "A volta do agro" e "María Cataña".
Durante todas as festas, desde o vinteún de decembro ata o seis de xaneiro instlarase na cidade o complexo de atraccións "Lucus Park" que ofrecerá abondosas alternativas de ocio ós máis pequenos.

Monicreques


O Fórum Metropolitano da Coruña acolle desde o vindeiro sábado os once espectáculos que se inclúen no Festival de Títeres de Nadal. Compañías provintes de Arxentina, Madrid, Aragón e Galicia achegarán obras coma "O gato malhado e a andorinha Sinhá" baseada no texto homónimo de Jorge Amado e gañador do premio ó mellor espectáculo na Feira Europea de Teatro para Nenos. A compañía madrileña Teatro de la Luna presentará "Elmer el Elefante", e o aragoneses Arbolé interpretarán "Títeres de Cachiporra" e "O circo de Renato Carolini". De Galicia acudirán Tres Globos, Os monicreques de Kukas e Títeres Cachirulo. As representacións desenvolveranse ata final de mes ás sete da tarde. As entradas poderán adquirirse no propio fórum ou no teléfono 902 43 44 43, a un prezo de cincocentas pesetas por sesión ou dúas mil pesetar por un bono de cinco funcións.

Teatro

A V Mostra de Tatro Afeccionado Galego do Concello de Sanxenxo ponse en marcha este domingo. Este encontro, que organiza o colectivo "Avante", pretende amosar unha alternativa de ocio e de tempo libre para previr a drogadicción. Esta edición, que se celebrará no cine "Rías Baixas" contará con diferentes agrupacións de afeccionados de toda Galicia, coma son Fonte da Tella de Soutomaior ou Pingallas de Caldas de Reis. Haberá un servicio gratuíto de autobús que percorrerá o concello para achegar ós interesados o cine.