Galicreques e o I Festival Internacional de Títeres Consorcio das Mariñas enchen o país de bonecos

Un mundo de bonecos

Ao longo desta semana vinte e unha compañías de Europa e de América achegarán os seus espectáculos a Compostela no marco do décimo Galicreques. O festival internacional de títeres presenta na súa décima edición unha chea de espectáculos ademais de tres mostras sobre este mundo. Pola súa banda, os concellos das Mariñas contan tamén esta semana con espectáculos deste tipo, xa que mañá comeza o I Festival Internacional de Títeres Consorcio das Mariñas, que inclúe nada menos de 34 representacións.

Máis información sobre Galicreques en La Voz de Galicia, sobre o Festival das Mariñas en La Opinión