O Salón Teatro de Compostela acolle o Festival de Nadal de Teatro Infantil

Nenos no teatro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Os nenos que pasen por Compostela este Nadal poderán gozar ata o día 30 dos espectáculos que se inclúen no Festival de Nadal de Teatro Infantil. Obras de grupos galegos, leoneses e vascos poderán ser vistas por cincocentas pesetas por cada neno e gratuitamente polos adultos que os acompañen.

Obras para martes e mércores

O festival comeza hoxe coa representación da obra "Romance de Micomicón e Adhelala" a cargo de Sarabela Teatro, que ven de recibir o premio "Celestina" da crítica teatral de Madrid. A obra está baseada nun conto orixinal de Eduardo Blanco Amor. O mércores será o grupo zamorán Achiperre Teatro quen poña en escea "O pincel", que narra a historia dunha campesiña chinesa que descubre os libros e a pintura nunha biblioteca e loita para que todo o mundo as coñeza.


Obras para xoves, venres e sábado

A obra da terceira xornada do Festival será "Menos Lobos", a cargo de Talía Teatro. A montaxe conta a historia de tres nenos que xogan a representar un conto sobre lobos. Para o venres está prevista a representación de "Toc-Toc" pola compañía basca Teatro Paraíso, que é un canto poético ó amor dos pais polo fillo. Esta mesma compañía representará o sábado "Yo soy un oso" que está destinada para iniciar ós nenos de entre tres e sete anos como espectadores teatrais.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Nadal, Salón Teatro, Eduardo Blanco Amor...