Vedra prepara a XIII Teatrofilia

A mostra de teatro amador celébrase entre o 4 e o 20 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Vedra prepara a XIII Teatrofilia

Un total de dezaseis obras poderán verse na XIII edición de Teatrofilia. A Asociación Andaravía, organizadora da Mostra de Teatro Amador de Vedra daba a coñecer hoxe o programa do evento, no que poderán verse representacións a cargo de grupos como Disfunción Continua, Tira e afloxa, a Escola Municipal de Teatro de Muxía, Farrapo Teatro ou, con dúas obras cada unha, o Grupo de Teatro da A. C. Cotomanguelo ou Andaravía Teatro. Tamén se poderá ver no evento Memorias dun neno labrego de Cándido Pazó e celebrarase un obradoiro de monicreques. O evento desenvolverase entre o 4 e o 20 de marzo.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Vedra, Cándido Pazó, Muxía...

Claves

Protagonistas
Conceptos