A XI edición de Teatrofilia exhibe a fortaleza do teatro amador

O programa, que conta con 16 participantes, arrinca o venres

| Santiago. Redacción | Seccións: Artes Escémicas
Compartir:
Cartel da XI edición

Cartel da XI edición

Este venres arrinca unha nova edición de Teatrofilia. Unha mostra de teatro afeccionado que naceu hai máis de dez anos en Vedra (A Coruña) e que conta cun gran número de seguidores. Este ano, hai programados 16 espectáculos entre actividades para adultos e para pequenos. Organizado pola Asociación Cultural Papaventos a súa propia compañía Andaravía Teatro encabeza un cartel que conta con nomes xa habituais do encontro, Carrachanacacha, e outros novos como Redrum Teatro. Ademais, no marco da programación entregaráselle a Andrea Valado (Ourense) o seu premio de 250 euros ao ser a gañadora do IX Concurso de carteis desta edición.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Redrum Teatro, Vedra, Ourense...