Trece concellos recibirán as 60 funcións do Circuíto de Teatro Amador

Fegatea organiza o ciclo coa colaboración da Consellaría de Cultura

Antas de Ulla, Oleiros, Narón, Cuntis, Nigrán, O Grove, O carballiño, Monterroso, O Porriño, Vigo, Barbadás, Vedra e Ferrol son os concellos que contarán este ano coas funcións do Circuíto Galego de Teatro Amador. A Consellaría de Cultura anunciaba esta mañá o comezo deste programa, no que colabora coa Federación Galega de Teatro Afeccionado, e que ten no Porriño a súa primeira cita co espectáculo A rúa do inferno de Axóuxere Teatro. En total serán 60 funcións as que se desenvolverán ata o vindeiro 22 outubro, a cargo dos grupos Axóuxere Teatro, O Aturuxo de Melpómene, Chumpá Teatro, Tiruleque Teatro, Porta Aberta, A.C.X. Enxebre, Falcatrueiros, Atrezo Teatro, O Transo Novo Teatro, Teatrino, Teatro Escoitade, Andaravía Teatro, Max Teatro e o Club de Lectores da Biblioteca de Antas de Ulla. Ademais de funcións, a iniciativa inclúe tamén a celebración dun de dirección escénica e dramaturxia e outro de voz e mimo, que se organizan en colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática