“Lecturas de altura” é o tÃtulo da nova colección de narrativa en galego e en brevé tirará á luz FaktorÃa K. A serie, dirixida a un público adulto, quere achegar autores universais ao galego, e arrinca con obras de Boris Vian, Eric-Emmanuel Schmitt, Vladimir Navokov e John Boyne. Ao tempo, a editora lanza “Periferias”, unha colección en castelán que traducirá obras de autores galegos e do resto da lusofonÃa. Celso Emilio Ferreiro e Fran Alonso son os encargados de abrir fogo. A editorial tamén lanzará o mes que ven a edición en galego do libro "O neno do pixama a raias", a ficción máis vendida na actualidade. Os primeiro tÃtulos de “Lecturas de altura” preséntase o vindeiro xoves na librarÃa Couceiro, de Santiago, ás 20 horas, o vinte de novembro en Nós, na Coruña, e o 14 de decembro na viguesa Andel.
Máis información no web da editora