Novas exposicións para a fin de semana

Deseño, natureza e tempo

| Santiago.Redaccion | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

Reloxos, fotografías e deseño, gustos para todos. A axenda cultural para esta fin de semana pasa polas exposicións. En Lugo, o Museo Provincial, acaba de inaugurar unha mostra de 140 reloxos dentre o século XVII ó XX. A Pontevedra chegan as mellores fotografías naturais do ano 2000 e Santiago acolle unha exposición de Vangarda.

140 xeitos de dar a hora en Lugo


De sol, analóxicos, dixitais, de lume, de cera.... ata un total de 140 reloxos compoñen a mostra que, dende honte, se exhiben no Museo Provincial de Lugo. Unha mostra titulada "Termpora mutantur" que exhibe múltiples obras que foron motanda por reloxeiros lucenses, entre o século XVII e o XX.




A mellor fotografía naturista

Logo de percorrer Ourense e A Coruña, a fotografía da "BG Wildlife Photographer of the Year 2000" chega ata Pontevedra. Nas dúas salas de Caixanova. na da praza de San Xosé na Gagos de Mendoza, se poden apreciar a fotografias que participaron nun dos concursos anuais máis importantes do momento e que organiza o Museo de Historia Natural de Londres e a BBC Wildlife Magazine co apoio do BBC Group.





Deseño de Vangarda


A colección Torsten Bröhan, adscrita ó Museo Nacional de Artes Decorativas, colga dende hoxe no Salón do Artesoado do Colexio de Fonseca. É a exposición "Deseño de Vangarda, 1880/1940" que fai un percorrido cronolóxico na evolución do deseño en cinco seccións históricas.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

O 'Facer' como motivo

O 'Facer' como motivo

A Casa RIA acolle en Santiago de Compostela a primeira exposición dedicada ao David Chipperfield deseñador

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Fotografía, Natureza, Pontevedra...