Un documental, unha rodaxe e unha estrea dun filme, últimas novidades

Vigoficcións

E continuamos neste mes de novembro con máis novidades para o audiovisual. E esta vez falamos de productos concretos (dúas longametraxes e unha serie documental) que apuntan a esa estructuración do sector en Galicia. A serie documental é a que está elaborando TVE con guión de Justo González Beramendi, sobre a transición en Galicia. E en Vigo continúase coa rodaxe de"Os luns ó sol", que sembrou polémica pola imaxe que ofrece da cidade olívica. E por último imos ata a Coruña, onde o cineasta ourensá, Eloy Lozano presentará o seu último longametraxe "Bellas durmintes" no Teatro Colón.

Unha serie sobre a transición


A transición en Galicia é o obxectivo no que leva traballando bastante tempo a Televisión Española en Galicia (TVE). Un proxecto que guioniza Justo González Beramendi, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago e no que se pretende repasar os eventos máis importantes ata a constitución da primeira lexislatura da Xunta de Galicia.
Nesta serie documental, segundo revelaron fontes da cadea, empregaron material propio de arquivo e entrevistas a distintas personalidades que protagonizaron un momento histórico importante da historia de Galicia. Para ofrecer unha imaxe máis completa, ademais de empregar o NODO e TVE, o equipo encargado do proxecto elaborou unha serie de entrevistas entre as persoas que desempeñaron un labor importante nesta época.


A imaxe de Vigo


Durante case tres semanas o equipo de "Os luns ó sol" ocupa numerosas rúas e prazas de Vigo. Unha rodaxe que xa ten acostumados á maior parte dos vigueses que poden ver polas súas rúas a actores da talla de Javier Bardem. Pero tamén é certo que existen pequenos grupos que están preocupados pola imaxe que se poida ofrecer da cidade, polo que a productora de Elías Querejeta ( xunto coa francesa Quo Vadi e a italiana Eyescreen, son as responsables do proxecto) tivo que advertir que se trata dun filme non dunha reportaxe e que non ten porque reflectir unha situación real.
"Os luns al sol" é un proxecto que ten unha axuda da concellalía de Vigo de nove millóns de pesetas pola promoción que supón para a cidade e que contribuirá a reforzar a presencia da urbe no panroma audiovisual nacional

Estrea durminte na Coruña


Esta noite ás 20:30 o Teatro Colón de A Coruña acollerá a estrea doutra producción audiovisual galega. Trástase de "Belas durmintes" o último filme do cineasta ourensán Eloy Lozano producida por Off Films coa colaboración de TVG, TVE, Vía Digital, subvencionada polo ICAA, a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago.
A cinta final ten unha duración de 120 minutos, con formato de 35 mm 1/85 e está dentro do drama psicolóxico.
O filme recrea unha historia psicolóxica dun prestixiosos escritor e profesor de universidde de 60 anos que descrubre unha casa moi especial ás aforas da cidade e que o fará descubrir facetas non coñecidas da súa personalidade.