A edición número 25 do Ourense Film Festival (OUFF)renderá homenaxe ao seu fundador e director do primeiro certame, Eloy Lozano (1953-2009),coa proxección da longametraxe As belas dormentes e a publicación dunha monografÃa que lembra a traxectoria de quen foi unha figura imprescindible do audiovisual galego. Esta homenaxe xa estaba prevista desde fai dous anos para a edición de 2019, unha edición marcada despois polas dúbidas de realización e continuidade, que non se disiparon ata a entrada da Deputación de Ourense e a Fundación Carlos Velo. Finalmente será este ano cando se leve adiante a homenaxe ao falecido cineasta. coa proxección da súa longametraxe e a publicación da monografÃa que preparou o escritor e crÃtico de cine Eduardo Galán co obxectivo de “reivindicar unha figura que non é suficientemente coñecida pero que é de importancia vital para o audiovisual galego”. O libro, titulado Eloy Lozano, o cineasta que devorou a luz, recorda a obra de Lozano a través das conversas que o seu autor mantivo cos seus familiares, amigos e colaboradores. Tamén das súas propias lembranzas, xa que Galán e Lozano eran coñecidos e traballaron xuntos na Televisión de Galicia (TVG). A publicación formará parte do catálogo de obras propias que o OUFF recuperou hai tres anos, e que nesta nova etapa repasou tamén a traxectoria do cineasta Xavier Bermúdez e a produtora Vaca Films.
O ourensán Eloy Lozano foi un profesional multidisciplinar que
destacou como realizador, guionista, produtor, editor e fotógrafo.
Traballou sobre todo no mundo da publicidade, aÃnda que deixou unha pegada
imborrable no cine. Ademais de dirixir a primeira edición do certame
ourensán, daquela Festival de Cine Independente de Ourense (1996), realizou
a primeira curtametraxe en 35 milÃmetros rodada en galego, Retorno a Tagen
Ata. Dirixiu, porén, unha única longametraxe de ficción, As Belas Dormentes (2001) é un filme rodado en Galicia, en inglés, e que adapta unha obra do Premio Nobel Yasunari Kawabata. Conta cun reparto internacional liderado por Clive Arrindell. A pelÃcula foi exhibida no seu momento en varios festivais internacionais, e agora chega a Ourense para conmemorar o 25 aniversario do certame de cine. Logo da súa opera prima fixo varios traballos de corte documental, preparou unha versión de A esmorga de Eduardo Blanco Amor que non chegou a concretarse e, coa colaboración do Museo do Pobo Galego, recuperou o documental de Antonio Román El hombre y el carro (1940). Empresario do sector audiovisual a través da súa firma Off Films, S.L. A celebración da 25 OUFF está prevista entre o 25 de setembro e o 3 de outubro.