Morre o cineasta ourensán Eloy Lozano por mor dun infarto

Foi o autor da primeira curtametraxe rodada en galego en 35 mm

14/4/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O cinema audiovisual galego está de luto. Esta mañá falecía en Santiago por mor dun infarto, o realizador ourensán Eloy Lozano. Foi o autor, entre moitos outros traballos, da primeira curtametraxe en 35 milímetros rodada en galego, Retorno a Tagen Ata (1973). Ten unha ampla traxectoria profesional no ámbito do documental, ficción e publicidade, nos que combinou as facetas de guionista e de director. No seu currículo destaca As Belas Dormentes, a súa primeira longametraxe, así como ser o encargado de reelaborar e sonorizar O carro e o home, o filme etnográfico que Xaquín Lorenzo (Xocas) rodou en 1941.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eloy Lozano, Cine, Xocas, Xaquín Lorenzo...

Claves

Conceptos
Lugares