Un director, Eloy Lozano, galego. Unha productora, Off films, tamén galega. Actores británicos, galegos e cataláns. Localizacións en Compostela. Banda sonora dun ruso, Nikolai Korndorf. E todo baseado no libro dun xaponés, Yasunari Kawabata. Este cóctel poderÃa ser un resumo de "Belas dormentes", a pelÃcula galega que foi seleccionada para participar no festival de Vancúver, en Canadá, o terceiro en importancia do paÃs.
Multinacional
O director Eloy Lozano, que contaba xa cunha ampla experiencia no audiovisual galego, dirixiu nesta súa primeira longametraxe un equipo das máis diversas nacionalidades. Actores de procedencias dispersas, coma os británicos Clive Arrindel ou Jane Bautista e a catalá Teresa Gimpera deron vida a unha recreación da coñecida novela "A casa das belas dormentes" do Nóbel xaponés Yasunari Kawabata. A banda sonora correu a cargo do recentemente falecido compositor ruso Nikolai Korndorf. O orzamento total do filme foi de 250 millóns de pesetas e contou con subvencións do Ministerio de Cultura, a Universidade de Santiago e do Ministerio de Cultura.
A pelÃcula narra a historia dun profesor estranxeiro que en Compostela busca a beleza coa presencia invisible da morta. Na pelÃcula vemos como son as relacións do profesor con rapazas moi novas e como a súa vida se ve condicionada polas lembranzas e polo prognóstico dun futuro inmediato. Segundo Lonano, a obra de Kawabata foi fácil de adaptar ó sentir galego sobre a estética.
Vancúver
A XX Edición do Festival Internacional de Vancúver que se celebra entre o vindeiro vintesete de setembro e o doce de outubro, acolle a máis de trescentas pelÃculas de todo o mundo. Na súa pasada edición contou con máis de cento trinta mil asistentes e coa presencia das principais distribuidoras canadianas e estadounidenses. Vancúver está considerado o treceiro maior festival do paÃs só por detrás dos de Toronto e Montreal. O filme galego participará na sección "World cinema".
Volta a Galicia
Será en outubro, tralo seu paso por Vancúver, que poderemos ver no noso paÃs o filme, do que existe unha versión en inglés, outra en castelán e outra en galego. A TVG xa se fixo cos dereitos de emisión da versión no noso idioma, mentres TVE e VÃa Dixital emitirán o filme en español.