O teatro que perdura

O CCG remata a serie documental 'Memoria do teatro galego na Transición'

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Luís Álvarez Pousa e Xulio Lago

Luís Álvarez Pousa e Xulio Lago

O CCG presentou onte pola tarde os últimos dous episodios da serie documental 'Memoria do teatro galego na Transición', que desta volta abordan por unha banda a 'institucionalización' do teatro galego, é dicir, a posta en marcha das competencias de cultura na recén nacida Xunta de Galicia e a constitución do Centro Dramático Galego, a través da testemuña dalgúns dos protagonistas deses feitos históricos. O último episodio dedícase á presenza das mulleres nesas épocas iniciais do teatro profesional galego e ao papel dalgunhas das súas figuras máis destacadas, como Dorotea Bárcena. O documental está dirixido por Tito Asorey e realizado por Jairo Iglesias, e foi promovido dsde a Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do CCG. No corpo desta nova podes ver os dous novos episodios.

Episodio 3: A institucionalización

Episodio 4: As mulleres no teatro galego

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Un legado de voces e escenas

Un legado de voces e escenas

Os dous primeiros episodios de 'Memoria do teatro galego na Transición' xa están dispoñibles en libre acceso

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Documental, Mulleres, Asorey...