Coas portas da décimo novena edición da feira Popkomm a punto de abrirse en Berlín a embaixada musical galega ultima os seus preparativos. Ás xa previstas actuacións de Faltriqueira, Berrogüetto e Lamatumba no programa Sounds from Spain súmase agora a presenza de Deluxe. Xoel López presentará as súas cancións do disco Fin de un viaje infinito o día 20 na gala "European Music & Media Night", na que compartirá escenario con seis músicos de outros países. Ademais, a conselleira Ánxela Bugallo acaba de anunciar que estará presente na feira e manterá xuntanzas con empresas e grupos musicais. O evento, que vai pola súa terceira edición, reúne a moitos executivos musicais, representantes de multinacionais e provedores de servizos.
Máis información en Popkomm
e na EMMN