O festival Popkomm de Berlín contará cunha ampla representación galega

Berlín, máis preto

19/7/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Faltriqueira, Berrogüeto e Lamatumbá son os grupos galegos que estarán presentes na décimonovena edición do Popkomm. Unha das citas máis importantes do mundo en materia musical que terá lugar en Berlín do 19 ao 21 de setembro. Grupos, empresas e institucións relacionadas coa música en todo o Estado irán baixo o paraugas da iniciativa “Sounds from Spain”, na que tamén colaborou o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

Máis información no web do Popkomm e sobre a política de promoción de festivais na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Berlín, Artes Escénicas, Culturagalega

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares