O European Film Market de BerlÃn é unha das citas máis relevantes do mundo de compra e venda de produtos audiovisuais. Prodúcese en paralelo ao coñecido festival de cine e resulta un lugar imprescindible para negociar a venda das producións. Coma vén sendo habitual, haberá unha delegación de producións galegas presentes no encontro, apoiadas por Agadic e no marco do pavillón Cinema from Spain no que tamén está o ao Instituto de Comercio Exterior (ICEX), o Instituto Nacional da CinematografÃa e das Artes Audiovisuais (ICAA), a Federación de Asociacións de Produtores Audiovisuais (FAPAE) e outros organismos autonómicos.
As empresas que este ano fan parte da delegación galega son Tic-Tac Producciones, Abano Producións, Vaca Films, Agallas Films, Zeitun Films, Matriuska Producciones, Artefacto Producciones, EAF Producións e Enxebre Entertaiment. A Agadic financia de parte dos gastos de viaxe, aloxamento e acreditación dos profesionais asistentes ao encontro, asà como a divulgación de material destinado á difusión do cine feito en Galicia (como son as publicacións Films from Galicia e Way to Film, elaboradas hai case dous anos).
Esta acción inclúese dentro do convenio asinado en 2012 entre Xesús Vázquez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o daquela conselleiro de EconomÃa e Industria, Javier Guerra, que reservaba 350.000 euros en dúas anualidades para a Internacionalización do sector audiovisual galego.