A música tradicional galega está presente no festival Popkomm de Berlín a través dunha colección de Ouvirmos

Ouvirmos en Berlín

20/9/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Hoxe comeza en Berlín o “Popkomm” un dos festivais de música máis importantes de Europa que ofrece tres tipos de actividades: exhibición, congresos e festival. Nesta feira, á que asisten uns 15.000 visitantes, haberá un expositor “Sounds from Spain” no que haberá representación galega. A música do país que estará presente na capital alemana chega da man do selo Sarriá Ouvirmos que levará a colección A Tiracolo, na que recupera gravacións de música tradicional galega.

Máis información no web do evento (en inglés e en alemán) e no web de Ouvirmos

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Berlín, Feira, Europa

Claves

Conceptos
Lugares