Lamatumbá saca o disco “Paraugas universal”

Lamatumbá abren o paraugas

18/4/2008 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

Desde hoxe xa está nas tendas “Paraugas universal” (PAI – Música) o novo disco da multitudinaria banda Lamatumbá. Esta saída marca discográficamente a nova etapa do grupo despois dos cambios na formación e polo cambio de editora, malia que os actuais integrantes xa levan un ano subindo aos escenarios e mesmo formaron parte da embaixada musical galega na feira Popkomm de Berlín no pasado ano. Se con “Lume!” (Falcatruada, 2005) chegaron a vender máis de tres milleiros de discos con “Paraugas universal” a festeira banda agarda repetir o éxito. O disco, que inclúe un DVD con cinco pezas audiovisuais entre as que hai videoclips e outros documentos, conta con colaboracións de luxo como as de Guadi Galego, Paulo Borges ou Uxía Senlle. Lamatumbá están negociando xa futuras actuacións en escenarios tan importantes como a Expo de Zaragoza, o Festival de Ortigueira, o Parque de Castrelos de Vigo ou o San Froilán de Lugo. Quince temas propios co habitual son de Lamatumbá conforman o disco gravado e mesturado por Segundo Grandío en Casa de Tolos.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Uxía Senlle, Uxía Senlle, Guadi Galego, DVD...