Lamatumbá presenta cun concerto na rúa o seu último disco

Paraugas á rúa

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A praza de Cervantes de Compostela acollía esta mañá unha curiosa actuación. Lamatumbá ofrecía un concerto improvisado no medio da rúa como xeito de presentar o seu último traballo "Paraugas Universal". Zancudos e animación de rúa completaban un espectáculo que chamou amplamente a atención de peregrinos e viandantes. Os que non puidesen asistir ao evento, teñen a oportunidade de ver o directo deste grupo na sala Capitol de Santiago esta mesma noite. Ou de ollar o video que preparamos para a ocasión.

Redacción: X. Hermida´. Cámara: Luis M. Alonso. Edición: M. Gago.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Espectáculo, Sala Capitol, Cervantes...