Kathaarsys saca o seu novo traballo gravado en directo na Sala Capitol

No libro-disco The Concept revélanse os significados máis herméticos da súa música

19/10/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O grupo compostelán de metal escuro progresivo Kathaarsys ven de sacar á rúa un novo traballo The Concept baseado na gravación do seu concerto na Sala Capitol de Santiago o 9 de outubro de 2010 dentro da xira “Intuition Tour”. The Concept preséntase nun formato de libro con CD e DVD da actuación en directo e está editado pola súa propia discográfica e produtora Silent Tree.

Ao longo das máis de cen páxinas do libro escrito en español con algúns textos en galego e con versión en inglés Jose L. Montáns, alma mater da banda, ofrece unha revelación dos significados máis herméticos nos que se manexa a música de Kathaarsys. No libro The Concept tamén achamos unha historia gráfica de Kathaarsys (incluíndo discografía con anotacións e comentarios, carteis de xiras e miscelánea fotográfica). O libro-disco pode adquirirse a través da web do grupo exclusivamente. Este é o quinto disco desta banda que ten unha multitude de seguidores a nivel internacional que lles aseguran xiras con ducias de concertos por toda Europa e América como a que mantiveron e narraron durante o ano 2010 para Culturagalega a través do blog Na estrada escura.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sala Capitol, DVD, Culturagalega, Europa e América...