Kathaarsys presenta Rara Vez

O grupo pásase ao galego no seu novo álbum e inicia unha xira internacional

16/4/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: música
32 lecturas | Compartido 0 veces

Capa de Rara Vez

Rara Vez é o título do sexto álbum de Kathaarsys que está xa dispoñible. Cinco temas que totalizan 40 minutos nos que o grupo emprega o galego nas letras e introduce por vez primeira o piano. Seguindo co espírito de experimentación que iniciaran en anteriores obras, Kathaarsys achégase a estilos como flamenco, o folk ou a música de cámara sen abandonar o seu particular estilo con influencias do metal. É precisamente no circuíto metaleiro onde se vai desenvolver a xira de presentación do disco, que xa comezou e que os levará a escenarios tan afastados como Finlandia, Letonia ou Alemaña e para a que xa teñen máis de 25 datas.
O disco, con licencia Creative Commons, preséntase nun cartafol de grande tamaño a imitar un xornal con novas que contextualizan as cancións. Esta producido a través do seu propio selo Silent Tree. Manipulación, Traxedia Española, Crítica da Estupidez Pura,Retorno á Idade Media e A Involución das Masas son os títulos que se poderán escoitar por media Europa. Datas de Kathaarsys´s Rara Vez European Tour 2012 30/04/2012 Gijón (E) – The Class 03/05/2012 Angers (FR) – T´Es Rock Coco 05/05/2012 Hasselt (BE) – De Witte Non 11/05/2012 Acquafredda (IT) – Black Rose Live Club 12/05/2012 Uster (CH) – Rock City 13/05/2012 Zapresic (HR) – Totem Bar 15/05/2012 Novi Sad (SRB) – CK13 16/05/2012 Sofia (BG) – Rock Bar Fans 17/05/2012 Varna (BG) – Bar Grind 18/05/2012 Bucharest (RO) – Frabrica 19/05/2012 Ruse (BG) – Club Legacy 23/05/2012 Timisoara (RO) – Daos Club 25/05/2012 Gyor (HU) – Venue TBC 26/05/2012 Krakow (PL) – Fabryka 30/05/2012 Kaunas (LT) – Fortas 31/05/2012 Jonava (LT) – Culture House 01/06/2012 Vilnius (LT) – Metro Club 02/06/2012 Riga (LV) – Melna Pietkdiena 05/06/2012 Tallin (EE) – Tapper 07/06/2012 Helsinki (FI) – PRKL Club 08/06/2012 Järvenpää (FI) – Black Pool 13/06/2012 Tampere (FI) – Vastavirta 14/06/2012 Hämeenlinna (FI) – Suistoklubi 22/06/2012 Tychy (PL) – Underground Pub 23/06/2012 Munich (DE) – Orangehouse

Universo culturagalega.gal