Varios centos de pezas procedentes de todo o continente africano recalan por uns días na Estación Marítima da Coruña dentro da mostra "África, o legado eterno" que recolle fondos de dúas exposicións privadas.
Arte e artesanía
Obxectos da vida cotián, xoias, útiles relixiosos, armas ou máscaras son algúns dos tipos de obxectos que se poden cotemplar na Estación Martítima da Coruña ata o vindeiro quince de abril dentro da mostra "África, o legado eterno". Todos os fondos expostos corresponden ás coleccións privadas de Garvin e Cartuguer, que reúnen centos de pezas. A mostra está organizada por salas de tipo temático no que se poden contemplar as diferencias das distintas culturas africanas á hora de realizar un mesmo tipo de obxectos.
Desde o Magreb ó Subsahara
Entre as pezas que se poden contemplar, destacan as xoias de orixe bereber e os diferentes tipos de moedas empregadas por todo o continente, que van desde discos de bronce a brazais. Outros obxectos curiosos que se poden ver dentro da sala dedicada ós poboados son escadas de madeira, portas de cabanas ou camas. Unha ampla variedade de escudos, lanzas e coitelos exponse na sección dedicada á caza e á guerra e na sala de máscaras vemos pezas procedentes de Congo, Mali, Nigeria, Camerún, Burkina-Fasso, Costa de Marfil ou Gabón.