As 142 obras que pasaron pola estricta selección do xurado na VI Bienal de Arte Unión Fenosa exhíbense, desde hoxe na Estación Marítima da Coruña. Unha mostra que chega cada dous anos e recolle a pintura, escultura e fotografía, instalacións e montaxes máis representativas do panorama de arte contemporánea.
Selección
O número de obras seleccionadas que compoñen esta mostra, de 142, foi un cálculo entre as grandes proporcións dalgunhas destas montaxes e o espacio do que se dispoñía para a exhibición, que era a capacidade da Estación Marítima de A Coruña. Un lugar de exposición mentres non se remata a construcción do Museo de Arte Contemporánea que está plantexado pola Fundación Unión Fenosa.
Este ano houbo unha concorrencia destacada, xa que se presentaron unhas 675 obras, sendo unha nota destacada, segundo o director do Museo de Arte Contemporáneo (MACUF) , Luis Caruncho, o incremento da calidade das obras presentadas, cunha "autoselección" moi forte entre os artistas que presentaron as súas obras. Entre os 142 artistas destacan as obra de Xurxo Andrés Lobato, Din Matamoro, Tatiana Medal, o escultor Manuel Patinha, María do Carme Chacón, a fotógrafa Iolanda Ferrer, Amadeo Gabino, Antonio Galán, Ana María García Pan, Darío Álvarez Baso, Pedro Muíño, Guillermo Aymerich ou os irmáns Juan e Salvador Cidrás.
Acompañando a cada unha das obras os artistas ofreceron, ademais, documentación sobre a mesma e o prezo que solicita por ela. Cómpre recordar, que a Fundación Unión Fenosa conta cun presuposto duns 15 millóns de pesetas para a adquisición de fondos do museo.
Máis actividades e obradoiros
Ademais, da exposición a Fundación Unión Fenosa tamén ten prevista outra serie de actuacións. A primeira en acontecer terá lugar o 16 de xullo na exposición do xaponés reseidnte een Espaaña, Mishuo Miura, que foi o que dirixiu o obradoiro Ruíz Picasso o ano pasado dentro di ciclo de actividades que organiza a Fundación Unión Fenosa.
Por outra banda, outras das actuacións destacadas é o "Taller Pablo Ruíz Picasso" que ese ano se adica por primeira vez á escultgura, e que contará como artista invitado a Martí Chirino e que se celebrará do 16 ó 27 de xullo nunha das salas do aún en construcción edificio da Fundación Unión Fenosa.