Unión Fenosa dálle proxección internacional á súa bienal de arte contemporánea mentres o Concello da Coruña cancela a mostra sobre o Holocausto

Unha bienal internacional

12/4/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa (MACUF) situado na Coruña quere imprimirlle un novo aire á súa bienal. A novena edición abre a convocatoria a novos soportes artísticos e incorpora unha mostra de fotografía fóra da sección competitiva. Son as novas liñas dun certame que quere dar un xiro á súa traxectoria e contar con artistas de todo o mundo. Por iso, personalidades recoñecidas do mundo do arte e da cultura conformarán o xurado que outorgará premios de 15.000, 9.000 e 6.000 euros. Por outra banda, a cidade herculina ía acoller este ano unha mostra sobre o Holocausto. Unha exposición que, segundo publica “La Opinión”, acábase de cancelar pola “complexidade” da montaxe.

Máis información en La Opinión sobre a Bienal Unión Fenosa e sobre a cancelación da exposición sobre o holocausto

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fenosa, A Coruña, La Opinión, Concello da Coruña...