O pasado venres 21 de xuño abría as súas portas no compostelán Centro Galego de Arte Contemporánea Ângela Ferreira. Pouco a pouco. A artista mozambicana protagoniza baixo o comisariado de Bruno Leitão unha exposición na que continúa a súa reflexión sobre as o legado colonial de África e as relacións entre Europa e o este continente. Os vestixios arquitectónicos do século XX e as promesas da arte e do cine como instrumentos de emancipación crítica centran as pezas desta mostra.
Canda a esta, o 28 de xuño o centro abrirá as outras dúas exposicións da temporada de verán. 20 Red Lights presenta o traballo de Max de Esteban, un "ensaio político, que desvela as implicacións da financialización dixital da economía e a súa relación coa radicalización da axenda neoliberal". Pola súa banda, We refugees é unha proposta colectiva que, comisariada por Piedad Solans e Santiago Olmo "trata de resituar o problema dos refuxiados desde unha perspectiva complexa, evitando os elementos sensacionalistas".
En paralelo, o DOG publica hoxe o nomeamento dos membros do Consello Asesor do CGAC. Este "órgano colexiado de consulta e asesoramento da Consellería de Cultura e Turismo nos asuntos relacionados coas competencias do Centro Galego de Arte Contemporánea" fica presidido polo conselleiro de Cultura, co director xeral de Políticas Culturais como vicepresidente. Santiago Olmo como persoa representante do Centro Galego de Arte Contemporánea, María Susana Cendán Caaveiro, da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, Celestino García Braña, a representar a Real Academia Galega de Belas Artes, o crítico e historiador da arte Antón Castro, o pintor e gravador Antón Pulido, a arquitecta Isabel Aguirre de Úrcola ocupan as vocalías. Pola súa banda, a persoa responsable de xerencia do centro correrá coa secretaría conforman este órgano. Os mandatos serán de catro anos.