Exposicións para todos os gustos, desde o CGAC á arte xaponesa

Do Xapón á contemporaneidade

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

A mostra que o CGAC dedica a Darío Villalba coincide con outras exposicións do máis variado por toda a xeografía galega. Desde as fotografías de Delmi Álvarez ou os murais sobre as mulleres no terceiro milenio ós cadros de Angeles Jorreto ou as pinturas de estilo sumie-e do vilagarcián Juan Lameiro.

Darío Villalba

"Documentos básicos" é o título da exposición de Darío Villalba que se inaugura o vindeiro xoves no CGAC. Esta exposición reune obras inéditas na forma dun diario íntimo con imaxes recollidas desde 1957 ata hoxe mesturando pintura e fotografía. Estes documentos básicos son segundo o artista, obras en si mesmas aínda que en moitas ocasións son empregados coma bocetos para outras obras. Darío Villalba foi Premio Nacional de Artes Plásticas en España e representou o país na Bienal de Venecia.




Fotografías

A facultade de Políticas de Compostela acolle estes días unha selección de traballos do fotoxornalista Delmi Álvarez. En branco e negro e cunha fonda ollada humanista atopamos a testemuña da emigración galega no mundo e da actualidade informativa durante a Transición. Pola súa banda o Liceo de Ourense acolle a mostra "As mulleres galegas no terceiro milenio", organizada polo Servicio Galego de Igualdade que amosa mediante rurais a evolución da situación da muller en diferentes campos.





Pinturas

Ángeles Jorreto presentou onte a súa última mostra no Edificio Simeón de Ourense. A exposición, titulada "Substancia e matices" recolle os seus cadros máis recentes, todos eles cunha característica presencia da cor coma elemento esencial. A mostra poderá verse ata o día trinta deste mes. No Exposalnés de Cambados pode visitarse desde onte e ata vindeiro día catro unha mostra das pinturas na técnica xaponesa sumie-e do pintor vilagarcián Juan Lameiro

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Fotografía, Mulleres, Xapón...