Tres exposicións amosan as últimas tendencias artísticas

Expoñen

As fotografías de Vari Caramés no CGAC, as pinturas de Itziar Ezquieta na galería Anexo de Pontevedra e mostra de novos valores do Colexio Oficial de Arquitectos de Vigo amosan as tendencias artísticas galegas da actualidade.

Vari Caramés




O Centro Galego de Arte Contemporánea inaugura este venres a maior retrospectiva que se ten realizado do fotógrafo ferrollán Vari Caramés. Cen imaxes, entre as que se inclúen varias inéditas, poderán contemplarse ata o día quince de abril. A exposición recolle series como A Coruña by Night ou Visión Animal, nas que o artista retrata a cotidianidade cunha atmósfera atemporal, maioritariamente en branco e negro cunha incursión na cor nas obras máis recentes coma homenaxe á pintura.












Itziar Ezquieta



A galería Anexo de Pontevedra acolle ata o 12 de febreiro unha mostra da pintora Itziar Ezquieta Llamas. A pintora sinala que concibe o seu traballo coma un eu ante todo o que a rodea e que a experimentación é o erro é o seu sistema de creación, a través do cal xermolan as obras finais.












Novos arquitectos



O Colexio de Arquitectos de Vigo continúa coa exposición de dezanove novos valores da arquitectura de todo o estado, entre os que se atopan cinco arquitectos galegos. A mostra, que se está a realizar na sé do colexio está organizada pola Fundación de Antonio Camuñas e amosa obras realizadas por arquitectos novos. Os galegos seleccionados para a mostra foron Carlos Quintáns, Cristóbal Crespo e Antonio Raya, cunha vivenda unifamiliar en formigón, e Martín e Rubén Fernández coas súas actuacións en áreas de ocio e piscinas en distintos concellos de A Coruña. A vivenda unifamiliar dos tres arquitectos galegos foi premiada nesta edición polo emprego de formigón sen recubrir. A mostra realízase cada dous anos, e poderá verse ata o 11 de febreiro na sede do colexio.