Carlos Costoya e Antonio Galán expoñen en Pontevedra e Vigo

Evasión e fantasías

O bucolismo da Ribeira Sacra e a fantasía pictórica chegan estes días as galerías galegas. En primeiro lugar, o ourensán Carlos Costoya expón ata o venres no Clube Financeiro de Vigo 18 cadros nos que recrea as paisaxes da Ribeira Sacra. Por outra parte, na pontevedresa Sala Teucro, Antonio Galán fai o propio con "Camiñante", a súa última mostra.

Paisaxes en pintura





Carlos Costoya (Ourense, 1972) expón ata este venres no Club Financeiro de Vigo. Unha mostra na que recolle 18 cadros nos que reflexa, dende un pinto de vista figurativo, as paisaxes da Ribeira Sacra habitados por "trasgos" e tinguidos dun cor de mencía de Amandi. Unha pintura que pretende evocar un mundo tranquilo, de sosiego e de intimismo.













Camiñante Galán




O pintor e escultor Antonio Galán (Santiago de Compostela, 1967) presenta hoxe na sala Teucro o seu mundo de fantasías. E faino no marco do ciclo de itinerantes que levará por toda Galicia ata o vindeiro mes de abril obras de novos artistas galegos. Unha iniciativas que xorde da Consellería de Educación. Polo demais, con esta exposición Galán ofrece traballos de diversas índoles onde aproveita a súa faceta e os seus coñecementos como escultor, para transformar o lenzo nun mundo de fantasía.