Os arqueólogos estaban practicando unha excavación de urxencia no Castriño de Bendoiro, xa que a nova liña do AVE Santiago-Ourense vaille pasar xusto por riba. E, de súpeto, atoparon un achado sorprendente. No contorno do castro os investigadores localizaron dúas estruturas funerarias creadas na Idade do Ferro, en plena época castrexa. Nunha delas, formada por dúas gabias liñais, atopáronse, ademais, “diversas pezas metálicas”. Ata o momento, os enterramentos dos nosos devanceiros castrexos eran unha incógnita, e só existÃan achados illados difÃciles de contextualizar. A ConsellerÃa de Cultura describe o achado como “un fito historiográfico na arqueoloxÃa galega”.
Máis información no web da ConsellerÃa de Cultura