Confirman que a estatua localizada nunha necrópole de Lugo é de época romana

Os arqueólogos estiman que foi elaborada localmente entre o século I e II da nosa era

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Fonte: Radio Galega

Fonte: Radio Galega

A sorpresa saltaba hai unhas semanas na excavación de urxencia levada a cabo na rúa da Xesta, en Lugo, como paso previo á construción dun edificio. Nunha necrópole de época baixo romana (séculos III-IV d.C.) aparecía a escultura dun togado, a gran profundidade. As cautelas iniciais ante o achado da estatua, que perdeu a cabeza e que conta cun espigo no pé indicando que debía estar orixinalmente erguida, deron paso á confirmación por parte do arqueólogo da Xunta, Gonzalo Meijide, e a directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro, segundo informou La Voz de Galicia. Pero a estatua é anterior ao cementerio. Os arqueólogos estiman que debeu ser elaborada entre o século I e o II d.C. en granito local, e trátase da primeira estatua de vulto redondo máis completa atopada na cidade e, sen dúbida, o gran achado arqueolóxico romano dos últimos anos. O feito de que a estatua sexa bastante anterior ao propio camposanto agocha unha incógnita: "a estatua foi enterrada nese lugar, depositada mesmo con respecto, pero descoñecemos o motivo", indicou Meijide.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Provincial de Lugo, La Voz de Galicia, Arqueoloxía

Claves

Conceptos
Lugares