Os pintores realistas galegos reunidos nunha exposición en Ferrol

A Galicia real

| Santiago.Redaccion | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

O Centro Torrente Ballester de Ferrol inaugura hoxe a exposición "Realmente?", unha mostra colectiva que recolle as creacións de varios pintores realistas galegos. A exposición pretente recoller os diferentes xeitos de recoller a realidade por parte de artistas xa consolidados.

Artistas


Entre os participantes na exposición atopamos nomes coma Elena Fernández Galgo, Roberto González, Quintana Marelo, Manuel Vilariño, Xurxo Gómez Chao ou Xosé Lois Loureiro entre outros. A exposición conta co comisariado de Bernardo Castelo, para quen a escolma de obras realizada "conta unha enorme potencia visual e espectacularidade das imaxes e as técnicas", así coma un grande trasfondo sociolóxico.




Unha tese

Segundo o comisario da mostra, Bernardo Castelo, a mostra preséntase coma unha tese sobre a relación entre a imaxe e a realidade, presentando unha estructura case literaria. A división da obra en tres partes permite que estas sexan vistas de xeito independente e que ademais inclúen referencias escritas que permiten unha lectura complexa da colectánea.





Terceira exposición


Duranta a presetnación da mostra o concelleiro de cultura de Ferrol, Bonifacio Borreiros, destacou o feito de ser esta a terceira exposciión simultánea que acolle simultaneamente o centro Torrente Ballester. Actualmente tamén están en marcha a colectiva "Miradas Virxes" e a obra do escultor Caxigueiro.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Un torrente creativo

Un torrente creativo

Unha exposición sobre arte e política abre unha nova etapa no Torrente Ballester

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Torrente Ballester de Ferrol, Castelo, Caxigueiro, Manuel Vilariño...