Dúas exposicións e un falecemento marcan a actualidade do sector

Novas pictóricas

| Santiago.Redaccion | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

O falecemento do pintor Benito Prieto e as exposicións de Ana Reinaldo e de Laura Bergantiños son os últimos acontecementos destacados da pintura en Galicia.

Falece Benito Prieto


O pintor galego afincado en Granada, Benito Prieto Coussent, faleceu onte ós 98 anos de idad eno seu domicilio de xeito repentino. Prieto chegara a ser membro da Real Academia de Belas Artes de Granada e destacara na realización de murais de carácter social. Unha das súas últimas obras foi "O peregrino da paz". O enterro celebrarase hoxe no cemiterio granadino de San José




Exposición de Ana Reinaldo

O ateneo de Ourense acolle desde hoxe a mostra ConTraTres da pintora Ana Reinaldo. A exposición forma parte do ciclo "Os nosos artistas" que organiza a Consellería de Cultura e que pasará por varias cidades galegas ata abril. A mostra recolle obras que van da figuración á abstracción e tratan temas coma a tauromaquia, o deporte, as relacións de parella ou as viaxes. A pintora xoga constantemente coas cores, contrastando vermellos e azuis dentro dun estilo que non foxe do tradicional. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro día 26 de febreiro.




Mostra de Laura Bergantiños


Desde o pasado venres e ata final de mes, pódense ver no Casino do Atlántico de A Coruña as bolboretas que conforman a mostra da pintora Laura Bergantiños. Na súa carreira, que arrincou en 1987, Laura estivo sempre moi interesada na natureza, cunha grande atención á luz e ás cores. Este interese reflíctese agora nunha mostra que as ás das bolboretas son o eixo principal

Que che parece esta nova?
11 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Bergantiños, Natureza, Belas Artes...