Os dous artistas presentan senllas exposicións en Vigo e Ourense

Pulido e Pestana

Unha retrospectiva na Casa das Artes de Vigo amosa vinte anos de traballo de Antón Pulido sobre a Cidade Olívica desde a súa visión de realismo abstracto. Por outra banda, Ourense acolle nestes días unha mostra das esculturas de Paco Pestana.


Antón Pulido




Unha retrospectiva do pintor ourensán Antón Pulido amosa desde onte e ata o vindeiro once de marzo as cincuenta obras máis destacadas dos seus últimos vinte anos de traballo, nos que realizou un retrato da cidade nun estilo que combina o realismo e a abstracción. O pintor destacaou a especia relación que mantén coa cidade xa que segundo el non a escolleu para vivir, senón que foi a cidade a que o escolleu a el. Os trazos de Pulido, que dan unha grande importancia á cor, van desde o intimismo dos oitenta ata o expresionismo abstracto das súas últimas obras, nas que o autor se centra na insinuación de elementos e de sensacións.













Paco Pestana



Ata finais de marzo poderá contemplarse no Mueso Provincial de Ourense a exposición de vintedúas esculturas de Paco Pestana. As obras, que teñen como tema Galicia desde a visión particular deste artista lugués, comprende máscaras de diferentes tipo, tendo referencias ó mundo da lidia cunha testa de touro. Ademais, o catálogo da exposición inclúe poemas e pensamentos do autor, que se define como montañeiro.